Cineuropa 2021: Hechos probados
- Estrea
- DCP2K
- VO
Cineuropa 2021: Hechos probados
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
O 23 de decembro de 2015 o Ministerio de Facenda publicou a súa primeira ‘Lista de morosos’. No número 1 figuraba un completo descoñecido: Agapito García Sánchez. Esta é a súa historia... a de todo un país. O documental revela a García Sánchez como unha versión moderna do protagonista de O proceso de Kafka; un cidadán fronte a tiranía dos mecanismos do Estado e a súa administración, grazas ao cal, acaba por converterse en fío condutor dunha análise detallada sobre o alarmante envilecimiento das garantías cidadás.
Alejo Moreno (Sevilla, 1984) iniciouse como director e produtor coa curta La higuera, seleccionada nunha trintena de festivais internacionais. En 2018 estrea no Festival de Málaga a súa primeira e polémica longametraxe de ficción, Diana. En paralelo, é firma habitual do programa Días de cine da 2 de TVE, onde traballa como redactor desde 2006.
- Título orixinal: Hechos probados
- Ano: 2021
- Duración: 92 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Alejo Moreno
- Guión: Alejo Moreno
- Montaxe: Alejo Moreno
- Fotografía: Irene Cruz
- Produtora: Alejo Moreno