Hoxe e o resto do mundo
- Estrea
- DCP2K
- VO
Hoxe e o resto do mundo
- Cineuropa 2026
- Estrea
- DCP2K
A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, Cecilia Díaz Betz reconstrúe a traxectoria vital e artística dos seus avós, Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e impulsores do Laboratorio de Formas e de Sargadelos. O documental percorre a súa historia entre Galicia e o exilio arxentino, e explora a súa contribución á arte, o deseño, a arquitectura e o pensamento de vangarda. Desde unha perspectiva íntima e familiar, a película recupera tamén a memoria dunha época marcada pola Guerra Civil, o exilio e a reconstrución cultural de Galicia.
Cecilia Díaz Betz é fotógrafa e realizadora. A súa traxectoria está marcada pola transversalidade entre fotografía, audiovisual e arquivo. En 2020 realizou As miradas de Isaac, unha videoinstalación específica para a Cidade da Cultura que serviu de punto de partida para a súa primeira longametraxe documental, Hoxe e o resto do mundo.
- Título orixinal: Hoxe e o resto do mundo
- Ano: 2026
- Duración: 93 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Cecilia Díaz Betz
- Guión: Cecilia Díaz Betz
- Participación: Isaac Díaz Pardo, Mimina Arias de Castro
- Montaxe: Diana Toucedo
- Fotografía: Alicia Francés
- Produtora: Daniel Froiz