I tempi felici verranno presto

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

I tempi felici verranno presto

Tommaso e Arturo fuxiron, buscando refuxio no bosque. Décadas máis tarde, o bosque parece estar infestado de lobos, pero xusto nese lugar, Ariane descobre un estraño burato. Poderá Ariane ser a moza mencionada na lenda local que se conta no val? A razón pola que Ariane entrou no burato segue a ser un misterio. Todos lle engaden algo da súa propia colleita á historia, pero concordan nunha cosa: Ariane encontrouse co lobo.

Sesión organizada en colaboración con Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra

  • Título orixinal: I tempi felici verranno presto
  • Ano: 2016
  • Duración: 103 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Alessandro Comodin
  • Guión: Alessandro Comodin, Milena Magnani
  • Elenco: Sabrina Seyvecou, Erikas Sizonovas, Luca Bernardi, Marco Giordana, Carlo Rigoni, Paolo Viano, Marinella Cichello, Santo Gioffrè
  • Montaxe: Alessandro Comodin, João Nicolau
  • Vestiario: Patrizia Mazzon
  • Son: Felix Blume
  • Produtora: Okta Film, Rai Cinema (Italia), Shellac Sud, Arte France Cinéma (Francia)
  • Distribuidora: Novos Cinemas
Novos Cinemas 2017 (Mención especial do xurado), Cannes 2016 (Semaine de la Critique), BAFICI 2016 (Vanguardia y género), Premios da Sociedade Internacional Cinéfila (mellor filme non estreado en 2016)