Ikarie XB 1
- Repertorio
- DCP4K
- +7
- VOSE
Ikarie XB 1
- Repertorio
- DCP4K
- +7
Na segunda metade do século XXII, a bordo da nave espacial Ikarie XB 1, unha tripulación diríxese cara á constelación Alfa Centauri para buscar nela unha nova forma de vida extraterrestre. Aínda que a viaxe non dura máis ca 28 meses, cando a misión chegue ao seu destino, na Terra xa terán pasado quince anos. Durante a viaxe, corenta científicos de todos os países aprenden a vivir xuntos e afrontan varias peripecias, entre elas o encontro cun aparello espacial do século XX, a inestabilidade mental dun dos pasaxeiros e a aparición de síntomas ligados a unha estrela negra radiactiva.
- Título orixinal: Ikarie XB 1
- Ano: 1963
- Duración: 88 minutos
- Idioma orixinal: Checo
- Dirección: Jindrich Polák
- Guión: Jindrich Polák, Pavel Jurácek
- Elenco: Zdenek Stepánek, Frantisek Smolík, Dana Medrická, Irena Kacírková, Radovan Lukavský, Otto Lackovic, Miroslav Machácek, Jirí Vrstála, Rudolf Deyl
- Montaxe: Josef Dobrichovský
- Dirección de arte: Bohumil Dudar
- Vestiario: Dena Rova
- Son: Bohumír Brunclík, Dániel Böhm, Jaromír Svoboda
- Música: Zdenek Liska
- Fotografía: Jan Kalis, Sasa Rasilov
- Produtora: Filmové Studio Barrandov (Checoslovaquia)
- Distribuidora: Capricci Cine