Il buco
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VOSE
Il buco
- Estrea
- DCP2K
- +7
En agosto de 1961, os espeleólogos do florecente norte de Italia chegan a unha meseta de Calabria onde o tempo parece deterse. Os intrusos descobren unha das covas máis profundas do mundo, o abismo de Bifurto, baixo a mirada dun vello pastor, única testemuña do territorio virxe.
Gañadora do Premio especial do Xurado en Venecia, Il Buco é unha viaxe a unha Calabria edénica, allea ao balbordo do mundo moderno. Un filme de imaxes cristalinas que nos limpa a mirada para que nos sintamos como eses exploradores das profundidades que descobren por primeira vez o interior do mundo.
- Título orixinal: Il buco
- Ano: 2021
- Duración: 93 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Michelangelo Frammartino
- Guión: Michelangelo Frammartino, Giovanna Giuliani
- Elenco: Leonardo Larocca, Claudia Candusso, Mila Costi, Carlos José Crespo, Antonio Lanza, Nicola Lanza
- Montaxe: Benni Atria
- Fotografía: Renato Berta
- Distribuidora: La Aventura
Venecia 2021 (Premio Especial do Xurado), Sevilla 2021 (Sección Oficial)