Imitación á vida
- Repertorio
- HD
- VOSE
Imitación á vida
- Repertorio
- HD
Lora Meredith (Lana Turner), unha actriz viúva en paro, vive coa súa filla adolescente (Sandra Dee) en Nova York. Un día, coñece por casualidade a Annie, unha muller negra (Juanita Moore) á que contrata como serventa. Ese mesmo día coñece tamén a Steve (John Gavin), un fotógrafo que namora dela. Un dos cumios do melodrama social de Douglas Sirk e un dos primeiros filmes de Hollywood en denunciar o racismo de maneira explícita.
Mércores 28 de agosto ás 21:00h. A proxección, incluída nas actividades do Festival C, celebrarase ao aire libre na parte final da rúa Concepción Arenal. Acceso libre até completar aforo. Organizan Concello de Santiago e Deputación da Coruña.
- Título orixinal: Imitarion of Life
- Ano: 1959
- Duración: 124 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Douglas Sirk
- Guión: Eleanore Griffin, Allan Scott. Novela: Fannie Hurst
- Elenco: Juanita Moore, Lana Turneur, John Gavin, Susan Kohner, Sandra Dee
- Música: Frank Skinner
- Fotografía: Russell Metty
- Produtora: Universal Pictures (EEUU)
- Distribuidora: Park Circus