Bên trong vỏ kén vàng / Inside the Yellow Cocoon Shell

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Bên trong vỏ kén vàng / Inside the Yellow Cocoon Shell

Logo de a súa cuñada morrer nun estraño accidente de moto en Saigón, Thien asume a tarefa de levar o seu corpo de volta á súa aldea no campo. É unha viaxe na que tamén leva o seu sobriño Dao, de 5 anos, que sobreviviu de xeito milagroso ao accidente. Entre as paisaxes místicas do Vietnam rural, Thien comeza a procura do seu irmán maior, que desapareceu hai anos, para lle entregar a Dao, nunha viaxe que cuestiona fondamente a súa fe.
 

Phạm Thiên Ân (Lam Dong, Vietnam). Antes de se embarcar no cinema, graduouse na Universidade Lotus cun diploma en Tecnoloxía da Información. Mudouse a Houston no 2015, onde continúa a traballar como realizador independente. A súa curtametraxe The Mute (2018) percorreu múltiples festivais (Winterthur, Palms Spring, Uppsala, Encounters…). Inside the yellow cocoon shell é a súa ópera prima.

  • Título orixinal: Bên trong vỏ kén vàng
  • Ano: 2023
  • Duración: 182 minutos
  • Idioma orixinal: Vietnamita
  • Dirección: Phạm Thiên Ân
  • Guión: Phạm Thiên Ân
  • Elenco: Lê Phong Vũ, Nguyễn Thị Trúc Quỳnh, Nguyễn Thịnh, Vũ Ngọc Mạnh
  • Montaxe: Phạm Thiên Ân
  • Fotografía: Đinh Duy Hưng
  • Produtora: Trần Văn Thi, Jeremy Chua
Gañadora do premio á mellor ópera prima no Festival de Cannes 2023