Cineuropa 2022 - Jesús López

  • Estrea
  • DCP2K
  • VE

Cineuropa 2022 - Jesús López

Jesús López, un piloto de carreiras, morre accidentalmente e os veciños da súa localidade quedan conmocionados. O seu curmán Abel, un adolescente sen rumbo, séntese aos poucos tentado a ocupar o seu lugar. Instálase cos pais de Jesús, viste a súa roupa, sae cos seus amigos e coa súa exmoza... Ao primeiro a xente acéptao e a Abel gústalle este papel. Pero a semellanza co seu curmán vólvese desacougante, ata o punto de que acaba transformándose en Jesús López. Na vila organízase unha carreira en homenaxe a Jesús. Animado polo espírito do seu curmán, Abel conduce o coche do defunto. O resultado desta carreira determinará se a transformación se volve ou non definitiva.

  • Título orixinal: Jesús López
  • Ano: 2021
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Maximiliano Schonfeld
  • Guión: Selva Almada, Maximiliano Schonfeld
  • Elenco: Lucas Schell, Joaquín Spahn, Sofía Palomino, Alfredo Zenobi, Paula Ransenberg, Romina
  • Montaxe: Ana Remón
  • Fotografía: Federico Lastra
  • Produtora: Murillo Cine, Luz Verde, INCAA
Mellor película iberoamericana no Festival de Mar del Plata 2021