Curtametraxes de José Ernesto Díaz-Noriega

  • Repertorio
  • Arquivo HD
  • VO
  • VO Presentan Carolina Cappa e Marta Pérez Pereiro

Máis sesións

Curtametraxes de José Ernesto Díaz-Noriega

José Ernesto Díaz-Noriega é unha figura esencial do amateurismo español e do cinema feito en Galicia nos anos 60 e 70. Achegamos unha selección de curtas recentemente restauradas por diferentes arquivos e filmotecas. Esta sesión célebrase en colaboración coa Elías Querejeta Zine Eskola, Filmoteca de Galicia, Filmoteca Española, Julia Díaz-Noriega Villalva, Deputación da Coruña e Lost & Found Films.

A sesión, incluída no ciclo "Cinema, rexistro vivo da nosa memoria", será presentada por Carolina Cappa, restauradora, arquivista e responsable da recuperación de parte dos filmes de Díaz-Noriega, e Marta Pérez Pereiro, doutora e profesora de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

Las ninfas de la charca
José Ernesto Díaz-Noriega | 1935 | 6 min | VO
Ao uso dos documentais da época, Díaz-Noriega recrea unha tarde cuns amigos e a súa moza deleitándose nas aguas dun río próximo a Madrid. — Catálogo Filmoteca Español

Revista 8 (Apuntes del 36 al 39)
José Ernesto Díaz-Noriega | 1939 | 36 min 12 seg | VO
Secuencias rodadas na época da Guerra Civil. Unha delas, rodada polo autor certamente preso. (José Ernesto Díaz-Noriega)

Trailer (Banderas victoriosas)
José Ernesto Díaz-Noriega | 1939 | 3 min 51 seg | VO
O mismo ano en que Díaz-Noriega realiza a reportaxe "Banderas victoriosas - El desfile de la victoria”, tamén realiza este "artefacto cinematográfico" que imita o formato de tráiler da devandita obra. Se ben a pieza coquetea con ser un resumo dun filme máis larga, o uso satírico da montaxe e a inclusión de escenas que non se corresponden coa película orixinal, dotan a esta peza dun carácter autónomo e delirante.

Os suevos
José Ernesto Díaz-Noriega | 1974 | 53 min 20 seg | VO
Un funcionario dunha Delegación Provincial dun Ministerio encarga a un compañeiro cineasta a realización dunha película sobre as súas fillas. Este acepta, pero inclúe as nenas e as súas circunstancias: os avós, a nai, a oficina onde traballa e a vida política do ano 74. Esta película é unha homenaxe a Lubitsch (José Ernesto Díaz-Noriega)

  • Título orixinal: Curtametraxes de José Ernesto Díaz-Noriega
  • Ano: 1935
  • Duración: 99 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: José Ernesto Díaz-Noriega