Cineuropa 2019 - La casa lobo

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2019 - La casa lobo

María é unha moza que procura refuxio logo de fuxir dunha seita de fanáticos relixiosos alemáns en Chile e acaba sendo acollida por dous porcos nunha misteriosa casa. Os animais transfórmanse amodiño en humanos e a casa nun mundo de pesadelo. Como nun soño, o universo da casa reacciona aos sentimentos de María. Inspirada no caso de Colonia Dignidade, centro de tortura da época de Pinochet, A Casa Lobo aparenta ser un conto de fadas animado producido polo líder da seita para adoutrinar os seus seguidores e seguidoras.

  • Título orixinal: Cineuropa 2019 - La casa lobo
  • Ano: 2018
  • Duración: 73 minutos
  • Dirección: Cristóbal León, Joaquín Cociña
  • Guión: Cristóbal León, Joaquín Cociña, Alejandra Moffat
  • Elenco: Amalia Kassai, Rainer Krause