La ilusión de la abundancia

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

La ilusión de la abundancia

  • Repertorio
  • DCP2K

A pesar dun xogo profundamente desequilibrado, Máxima, Bertha e Carolina comparten un obxectivo común: lideran a loita ambiental actual contra os conquistadores corporativos modernos. Mentres os gobernos e as corporacións están atrapados nunha carreira global para obter as materias primas máis baratas, estas tres mulleres cóntannos unha historia de afouteza incansable: Como seguir loitando para protexer a natureza cando a túa vida está en perigo? Cando a represión policial, o acoso empresarial, as lesións ou incluso as ameazas de morte son parte da súa rutina diaria?

Sesión organizada pola Plataforma por empresas responsables dentro das xornadas "Por unha economía global xusta e sostible" | Haberá un coloquio posterior con persoas defensoras dos dereitos humanos:  Lucy Ximena Urvina (Ecuador), Abel Ribera (Colombia) e Alex Donalson Garcia (Guatemala)

  • Título orixinal: The Illusion of Abundance
  • Ano: 2022
  • Duración: 61 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Matthieu Lietaert, Erika Gonzalez Ramirez
  • Guión: Matthieu Lietaert, Erika Gonzalez Ramirez
  • Participación: Máxima Acuña de Chaupe, Bertha Zuñiga Cáceres, Laura Zuñiga Cáceres, Berta Cáceres, Carolina De Moura Campos, Ysidora Chaupe Acuña, Jilda Chaupe Acuña, Daniel Chaupe Acuña
  • Montaxe: Jan de Coster
  • Música: Norbert Platzer
  • Fotografía: Matthieu Lietaert