La imatge permanent
- Estrea
 - DCP2K
 - +7
 - VOSE
 
La imatge permanent
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
 - Estrea
 - DCP2K
 - +7
 
Nunha vila do sur, Antonia, unha nai adolescente, desaparece no medio da noite. Cincuenta anos máis tarde e moitos quilómetros ao norte, Carmen, unha directora de cásting algo introvertida, debe atopar persoas que conten os seus recordos tras cambiar de cidade. Durante a súa procura, Carmen coñece a Antonia, unha muller impulsiva que invade a súa soidade. Quen dixo que o tempo cura todas as feridas?
La imatge permanent é a primeira longametraxe da directora Laura Ferrés, premiada na Semana da Crítica do Festival de Cannes, os Goya e os Gaudí, pola súa curta documental Los desheredados. O filme estreouse na competición do Festival de Locarno e no noso país tivo a súa première na sección oficial da Seminci (Semana Internacional de Cinema de Valladolid), onde obtivo a Espiga de Ouro ao mellor filme.
- Título orixinal: La imatge permanent
 - Ano: 2023
 - Duración: 94 minutos
 - Idioma orixinal: Catalán
 - Dirección: Laura Ferrés
 - Guión: Laura Ferrés, Ulises Porra, Carlos Vermut
 - Elenco: María Luengo, Rosario Ortega, Saraida Llamas, Claudia Fimia, Mila Collado, Dolores Martínez
 - Montaxe: Aina Calleja Cortés
 - Dirección de arte: Marta Collell
 - Vestiario: Aitziber Sanz
 - Música: Sergio Bertran, Fernando Moresi Haberman
 - Fotografía: Agnès Piqué Corbera
 - Produtora: Fasten Films, Le Bureau, TV3
 - Distribuidora: La Aventura