La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles
- Repertorio
- DCP2K
La marche des femmes à Hendaye
1975 | Francia | 30′
O 5 de outubro de 1975, un milleiro de mulleres procedentes de toda Francia reuníronse en Hendaya para manifestarse contra a execución de cinco militantes vascos por parte do réxime franquista. Españolas exiliadas falan das súas condicións de vida en Francia e, particularmente, da relacións entre homes e mulleres. A marcha cara a fronteira avanza cunha emotividade acentuada pola beleza dos cantos das mulleres vascas.
Les mères espagnoles
1975 | Francia | 59'
Unhas horas despois da execución de Sánchez Bravo, a súa irmá relata a última noite do condenado. A nai de Otaegui fala da vida do seu fillo e da derradeira conversa que mantivo con el. A nai de Txiki fala da solidariedade da súa vila, onde vive desde hai once anos, viúva e nai de sete fillos. Denuncia o xuízo «fantasma», as torturas e o asasinato do seu fillo.
Sesión presentada pola cineasta Arantza Santesteban
- Título orixinal: La marche des femmes à Hendaye / Les mères espagnoles
- Ano: 1975
- Duración: 89 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Carole Roussopoulos e Ioana Wieder
- Distribuidora: Centre Audiovisuel Simone de Beauvoir