La memoria de los huesos

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

La memoria de los huesos

A esperanza de centos de familiares de vítimas de desaparicións forzadas durante a última ditadura arxentina (1976-1983) está depositada no traballo do Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense. O EAAF leva 30 anos buscando, recuperando e identificando os restos de desaparecidos en Arxentina e en máis de trinta países, incluído o recente caso da desaparición dos estudantes de Ayotzinapa (México). Nada, salvo a restitución dos restos aos seus familiares, pode dar fin a este labor. La memoria de los huesos conta a historia desta procura desde dous puntos de vista. Un é o dos familiares dos desaparecidos e o seu desexo por atopar os seus seres queridos, a través de historias como a de Rosa, unha muller maior que leva toda a vida buscando a súa filla secuestrada en Arxentina, e Roxana, unha muller do Salvador que recupera os restos da súa nai para finalmente poder darlles sepultura. O outro punto de vista é o dos membros do equipo de antropoloxía forense, que realizan un arduo e silencioso labor, e que saben que o seu traballo pode, finalmente, axudarlles aos familiares para reconstruír unha parte fundamental da súa historia.

  • Título orixinal: La memoria de los huesos
  • Dirección: Facundo Beraudi
  • Guión: Facundo Beraudi
  • Participación: Rosaria Isabella Valenzi, David Toubes, Roxana Menjivar, Silvana Turner
  • Música: Diego Bravo
  • Fotografía: Facundo Beraudi, Diego Delpino
  • Produtora: Facundo Beraudi, Victoria Nardone (Argentina)