La última noche de Sandra M.
- Estrea
- DCP2K
- VO
La última noche de Sandra M.
- Cineuropa 2023
- Estrea
- DCP2K
1977. Sandra, de 18 anos, é actriz na España da Transición, nun momento no que ser nova e guapa condena as intérpretes ao chamado “cinema do destape”. Pero Sandra aspira a ser unha actriz seria, importante, e sabe que para iso ten un duro camiño por diante. Durante unha calorosa tarde de agosto, soa e angustiada por un embarazo non desexado, intenta decidir o seu futuro, entre improbables plans de viaxe e as súas aspiracións a grande actriz.
Borja de la Vega (Barcelona, Cataluña). La última noche de Sandra M. é a segunda longametraxe escrita e dirixida por Borja de la Vega. A primeira, Mía y Moi (2021), foi a única película española a competición dentro da sección Talents do Festival D’A de Barcelona, púidose ver en festivais internacionais e vendeuse a distribuidoras de Estados Unidos, Reino Unido, Francia e Alemaña.
- Título orixinal: La última noche de Sandra M.
- Ano: 2023
- Duración: 87 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Borja de la Vega
- Guión: Borja de la Vega
- Elenco: Claudia Traisac, Georgina Amorós, Núria Prims, Nicolás Illoro, Pep Ambròs
- Montaxe: Jorge García Soto, Pedro Collantes
- Fotografía: Martín Urrea
- Produtora: Borja De La Vega, Toni Espinosa, Maria Àngels Amorós