La última tierra

  • Estrea
  • VO

La última tierra

Nunha pequena casa dun cerro illado, unha parella de anciáns vive en soidade. Ela está a morrer, el acompáñaa e asístea na súa agonía. Despois da morte, el continúa ocupándose dela, executando á súa maneira os ritos de despedida: lava o seu corpo e a súa roupa, cava a tumba, e cara ao final do día, entérraa. Todo un cerimonial que trae o eco daquelas antigas culturas nas que os familiares se encargaban persoalmente dos seus mortos. Todo discorre lenta, asceticamente, con tomas longas e unha estética que fai pensar no cinema de Lisandro Alonso ou Carlos Reygadas. Non hai diálogos, pero si unha coidadísima atmosfera sonora, traballada polo mesmo director.

  • Título orixinal: La última tierra
  • Ano: 2016
  • Duración: 77 minutos
  • Dirección: Pablo Lamar
  • Guión: Pablo Lamar
  • Elenco: Ramón del Río, Vera Valdez
  • Montaxe: Felipe Galvez
  • Fotografía: Paolo Girón
  • Produtora: Sapukai Cine (Paraguay), Fortuna Films (Holanda), Cinestación (Qatar)
Rotterdam 2016 (mención especial do xurado, sección oficial), Curitiba 2016 (sección oficial)