A lei da terra + Manoel da Costa

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

A lei da terra + Manoel da Costa

A lei da terra
Colectivo Grupo Zero | 1977 | 67 min | Portugal | VO

O proceso da reforma agraria no Alentejo é visto a través dunha análise das estruturas sociais e da loita de clases, culminando coa ocupación de terras polos campesinos e pola tentativa de creación de novas relacións laborais e de propiedade. Fronte á sabotaxe económica dos patróns e antigos propietarios, os traballadores organízanse en sindicatos, reclaman emprego e salarios xustos e procuran establecer unha lei revolucionaria: “A terra para quen a traballa!”.

Curtametraxes Manoel da Costa: Tempos (de) grises | Homenaxe a Dolores | Vigoshima mon amour
Manoel da Costa | 1975 - 1985 | 30 min | Galicia | VO

Estes tres filmes tratan temas políticos mediante a filmación de conflitos sociais e populares na Transición Española. Manifestacións, represión policial, e homenaxes a políticos comunistas exiliados na dictadura danse cita nesta serie de curtametraxes filmadas polo cineasta amateur Manoel Dacosta cunha cámara de S8.

  • Título orixinal: A lei da terra + Manoel da Costa
  • Duración: 97 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Colectivo Grupo Zero / Manoel da Costa