Curtocircuíto 2022: Letícia Ramos 2

  • Estrea
  • VOSG

Curtocircuíto 2022: Letícia Ramos 2

Letícia Ramos
Leticia Ramos é científica da arte. Unha viaxeira que percorre os séculos revolucionando a invención sobre as formas de representación do mundo. Constrúe, a partir de eventos históricos e fenómenos naturais, conexións simbólicas entre política, ciencia e imaxinación, nas que se cruzan futuro e pasado. Na súa investigación sobre fotografía analóxica usa escultura, maquetas e efectos especiais para crear paisaxes imaxinarias; relatos e fabulacións que cobran vida mediante fotografía, película e instalación.

Os seus traballos foron expostos en espazos como a Tate Modern, Moreira Salles Institute, Itaú Cultural, Fundación Iberê Camargo, Berardo Collection Museum, CAPC Musée d’art Contemporain (Bordeaux) e Pivô Art Center. Forman parte de coleccións como as da Fundación Botín, Itaú Cultural, Nouveau Musée de Monaco, Museu de Arte Moderna de São Paulo, Museu de Arte Moderna do Rio de Janeiro e a Pinacoteca do Estado de São Paulo.

Man 2
Letícia Ramos | 2018 | 01:30 | Brasil
En A resistencia do corpo (serie á que pertence Man 2), Leticia Ramos establece un entorno controlado co obxecto de por a proba as reaccións dun corpo perante actividades habitualmente relacionadas con manifestacións na rúa. Filmando con cámaras, bonecos e modelos, a artista pon a proba o lanzamento de obxectos, o impacto de canóns de auga e a comunicación por teléfono móbil, simulando o repertorio visual de estudos científicos como os realizados polos enxeñeiros estadounidenses Frank e Lilian Gilbreth. Retomando os estudos realizados sobre a eficiencia dos corpos para aumentar a produtividade dos traballadores tras a Revolución Industrial, o traballo cuestiona a representación visual da violencia e amosa como as imaxes (algunhas delas case abstractas) poden servir como forma de opresión real e simbólica.

Estrea en España

Dropspike
Letícia Ramos | 2021 | 05:00 | Brasil
"En Dropspike, a película máis recente de Leticia Ramos, unha grande esfera brillante xorde inexplicablemente de entre montañas xeadas. Unha voz robótica anuncia que a esfera aparecerá simultaneamente en diferentes lugares a medida que o xeo se derreta. Este elemento estraño interrompe a monotonía da paisaxe e combínase coa sensación de dilatación do tempo e con unha narración incompleta para producir unha sensación inquietante e difícil de clasificar, a medio camiño entre a constatación melancólica do noso final inminente e a renovación dun vínculo que non ten posibilidade de comprensión racional" (Fernanda Brenner).

Estrea en Europa

Vostok
Letícia Ramos | 2014 | 07:30 | Brasil
En 2012, os científicos da base de investigación rusa Vostok conseguiron tomar mostras dun lago subglacial, a 4 km por debaixo da superficie do xeo. Estas mostras son "cápsulas do tempo" da época na que o continente antártico comezaba a conxelarse. Foi un científico ruso o que enviou un submarino en miniatura ás xélidas augas do lago subglacial, intrigado pola orixe da vida e pola paisaxe prehistórica do océano profundo. O filme resultante é unha investigación sobre a representación da vida submarina no Polo Sur, protagonizada por lagos subpolares, submarinos rusas, a era preglacial e as lúas de Xúpiter.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2022: Letícia Ramos 2
  • Duración: 25 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Letícia Ramos
  • Distribuidora: Curtocircuíto