Curtocircuíto 2015<br>Selección L.E.V.

  • Estrea

Curtocircuíto 2015<br>Selección L.E.V.

  • Estrea

SÁBADO 10 DE OUTUBRO — 22:00

SELECCIÓN: L.E.V.

O festival internacional de creación audiovisual de Xixón, o L.E.V., será un dos protagonistas da próxima edición de Curtocircuíto. Desde o 2007, este proxecto traballa para ofrecer unha visión panorámica e ecléctica do amplo espectro de ramas presentes na creación ligada á música electrónica e as artes visuais; e logrou converterse neste tempo nunha referencia internacional neste eido. Así, a participación do L.E.V. en Curtocircuíto consistirá nunha proxección de pezas de vangarda, que intentan ofrecer unha aproximación ao espírito do festival, e en dous directos que fuxen da idea tradicional do concerto, para compor verdadeiras performances que combinan música e vídeo.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2015<br>Selección L.E.V.