Lilith

  • Repertorio
  • VOSE

Lilith

Vincent, un veterano de guerra, regresa a Maryland, o seu estado natal, e comeza traballar nun hospital psiquiátrico privado para ricos. Alí namórase dunha fermosa paciente, Lilith, que vive abstraída nun mundo de seu. A medida que se vai achegando a ela, vai tamén afastándose da súa propia realidade. A derradeira película dirixida por Rossen volve entrecruzar personaxes creativos e destrutivos dun xeito emblemático ofrecendo un relato da procura da perfección e do amor fracasado. Rossen pechou a súa filmografía con esta obra magna.

  • Título orixinal: Lilith
  • Ano: 1964
  • Duración: 114 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Robert Rossen
  • Guión: Robert Rossen. Baseado nunha obra de J. R. Salamanca
  • Elenco: Warren Beatty, Jean Seberg, Peter Fonda, Kim Hunter
  • Montaxe: Aram Avakian
  • Fotografía: Eugen Schüfftan
  • Produtora: Robert Rossen