Los paisajes

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Los paisajes

O frío inverno atopa a poeta ucraína Tamara Zhurba prostrada nunha aldea perdida no medio da selva abafante. Valentyna, a súa única filla, ocúpase dela e dos poucos animais dunha pequena granxa, mentres debuxa as súas lembranzas en follas soltas. O destino semella estar borroso, como as memorias dun vello poema que se agocha nunha paisaxe escura.

Hernán Fernández (Bos Aires, Arxentina). Graduado da Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Arxentina. Dirixiu as longametraxes La piel marcada (2016) e El llanto (2018). Ademais, exerceu como montador en películas como Monstruo Dios (2019) —que obtivo unha mención especial do xurado no 72° Festival de Cannes—, e Matar a la bestia (2021), ambas as dúas dirixidas por Agustina San Martín.

  • Título orixinal: Los paisajes
  • Ano: 2022
  • Duración: 64 minutos
  • Idioma orixinal: Ucraíno
  • Dirección: Hernán Fernández
  • Guión: Hernán Fernández, Constanza Sandoval
  • Elenco: Tamara Zhurba, Valentyna Berenda
  • Montaxe: José Goyeneche
  • Fotografía: Mariano Maximovicz
  • Produtora: Macarena Herrera Bravo, Analía Vargas Silva
Panorama de longametraxes internacionais no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai 2023 Sección Oficial do Festival de Cinema Iberoamericano de Trieste 2023