Mazinger Z Infinity

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VE

Mazinger Z Infinity

A humanidade atópase unha vez máis en perigo de caer nas garras do Imperio Subterráneo, que no pasado foi liderado polo científico malvado Dr. Inferno. Entón, Koji Kabuto pilotou ao super robot Mazinger Z e, coa axuda dos seus amigos do instituto de investigación Fotónicas, frustrou as malvadas ambicións do Dr. Inferno e devolveu a paz ao mundo.

Transcorreron 10 anos desde aquel entón... Agora que xa non é piloto, Koji Kabuto seguiu o camiño de seu pai e do seu avó iniciando a súa carreira como científico. Pero atopa unha xigantesca estrutura enterrada nas profundidades do Monte Fuji, xunto cunha misteriosa indicación da vida...Novos encontros, novas ameazas e un novo destino agardan á humanidade. O antigo heroe Koji Kabuto debe tomar unha decisión sobre o futuro: ser un deus ou un demo.

  • Título orixinal: Mazinger Z
  • Ano: 2017
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Junji Shimizu
  • Guión: Takahiro Ozawa. Manga: Gō Nagai
  • Música: Michiaki Watanabe
  • Produtora: Toei Animation
  • Distribuidora: Selecta Visión