MICE 2020: Dende que chegou a luz + En la boca de la mina
- Estrea
- DCP2K
- VO
MICE 2020: Dende que chegou a luz + En la boca de la mina
- MICE 2020
- Estrea
- DCP2K
Un ano máis a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego, visita NUMAX nunha sesión composta por dúas curtametraxes da Sección Oficial que nos farán viaxar pola tradición oral do rural galego e os ritos e costumes dun poboado mineiro en Cuba. Contaremos coa presenza dos seus directores.
DENDE QUE CHEGOU A LUZ
Santiago Teijelo Vázquez | 2019 | 30' | Galicia
Na súa humilde cociña, Carmen cóntanos historias que tratan sobre a súa cultura e a súa sociedade infestadas de costume, folclore e supersticións. Mentres, o resto da familia continúa coa matanza do porco, unha tradición destinada a desaparecer, que vertebrou a sociedade da Galicia rural até principios do século XXI.
EN LA BOCA DE LA MINA
Brandán Cerviño | 2019 | 22' | Galicia-Cuba
A través dos habitantes de El Cobre, unha antiga cidade mineira cubana, coñecemos a celebración da tradición cimarrona e o recordo das primeiras sublevacións de escravos. Agora a primeira mina de América Latina está pechada e os seus habitantes viven da venda de esculturas relixiosas.
! Reservas esgotadas
- Título orixinal: Dende que chegou a luz + En la boca de la mina
- Ano: 2019
- Duración: 52 minutos
- Idioma orixinal: Galego