A miña terra + Notas sobre a habitabilidade en A Barca

  • Estrea
  • TP
  • VO

A miña terra + Notas sobre a habitabilidade en A Barca

A MIÑA TERRA
Santiago D. Risco | 2020 | 27' | Galicia
Na familia do director quedaron uns terreos en herdanza, pero ninguén sabe onde están a maioría deles. Son pequenos e están espallados no medio do monte. O director e o seu pai emprenden unha busca para atopalos. As liñas marcadas nos mapas pérdense ao buscar divisións na terra. Desaparecen. O que atopan en realidade son as cicatrices dunha forma de vida e sociedade nos seus últimos momentos. Ver trailer aquí.

NOTAS SOBRE A HABITABILIDADE EN A BARCA
Colectivo Semente  | 2019 | 17' | Galicia
As imaxes graváronse durante uns días nos arredores de A Barca, un pobo abandonado do sur de Galicia. A través do acto cinematográfico a película mostra a nosa forma de habitar un espazo no medio rural galego. Ver trailer aquí.

Contaremos coa presenza das súas autoras.

  • Título orixinal: A miña terra + Notas sobre a habitabilidade en A Barca
  • Ano: 2020
  • Duración: 50 minutos
  • Idioma orixinal: Galego