MICE 2023: Al-Sandawich + The Conwy crossing + Guías turísticas

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

MICE 2023: Al-Sandawich + The Conwy crossing + Guías turísticas

Al Sandawich
Atteyat Al Abnoudy
1975 I 12’ I Exipto
Na aldea de Abnoud, a 600 km ao sur de El Cairo, que semella ter escapado ao paso do tempo, a vida dun grupo de nenos que xogan libremente nun espacio verde aberto e preparan algo de comer vese alterada por forzas externas.

The Conwy crossing
Stephen Hewitt, David Shaw
1991 I 39’ I Reino Unido
Construído en 1991, o túnel máis longo de todo Gales, que leva a estrada por debaixo do río Conwy, foi o primeiro do seu tipo no Reino Unido. A obra, que custou máis de 140 millóns de libras, foi promocionado polo goberno como “un novo elo dunha cadea de ouro” dunha rede viaria para asegurar a prosperidade do norte de Gales.

Guías turísticas satánicas: polígono de Coia
Vicisitud y Sordidez
1913 I 9’ I Galicia
Acompañado de seus pais, o autor percorre o barrio vigués de Coia, exemplo de urbanismo franquista de finais dos anos 60 que combina o brutalismo dos bloques de edificios coas pagadas dos restos rurais e a inserción ao seu carón da circunvalación da cidade. A conversa entre eles lévanos a través da evolución política, urbanística e humana dun barrio con sona obreira e marxinal.

  • Título orixinal: Al-Sandawich + The Conwy crossing + Guías turísticas
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: VV.AA
  • Distribuidora: MICE