Foco Valérie Massadian: Milla

  • DCP2K
  • VOSE

Foco Valérie Massadian: Milla

Milla só ten 17 anos e o seu mozo, Leo, é un pouco maior ca ela. A existencia da parella está pautada por pequenos traballos mal pagados e noites nas que desexan mudar o mundo. A parella atopará acubillo nunha pequena cidade, nunha casa abandonada ás beiras do Canal da Mancha que se converte no seu refuxio persoal. Nútrense do amor, a teimosía da xuventude e das gañas de mudar as cousas, a pesar das dificultades e das estreitezas dunha vida nada doada.

Sesión presentada por Valérie Massadian

  • Título orixinal: Milla
  • Ano: 2017
  • Duración: 128 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Valérie Massadian
  • Guión: Valérie Massadian
  • Elenco: Severine Jonckeere, Luc Chessel, Ethan Jonckeere
  • Son: Aline Huber
  • Música: Martin Caraux
  • Fotografía: Robin Fresson, Mel Massadian
  • Produtora: Cinémadefacto (Francia, Portugal)
Doclisboa 2017 (Mellor Filme), Lanzarote 2017 (Premio do Xurado), Locarno 2017 (Premio Especial do Xurado Cineastas do Presente, Premio Audientia), Entrevues 2017 (Premio Camira), BAFICI (Vangarda e Xénero)