Esquece Monelos
- Estrea
- DCP2K
- TODOS OS PÚBLICOS
- VO
Esquece Monelos
- Estrea
- DCP2K
- TODOS OS PÚBLICOS
O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo.
- Título orixinal: Esquece Monelos
- Ano: 2017
- Duración: 76 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Ángeles Huerta
- Guión: Ángeles Huerta, Antón Núñez
- Montaxe: Sandra Sánchez
- Música: Sergio Pena
- Fotografía: Jaime Pérez
- Produtora: Danga Danga (España)
- Distribuidora: Danga Danga
Mestre Mateo (Mellor documental, mellor fotografía —Jaime Pérez—, mellor montaxe —Sandra Sánchez—), Documentamadrid (Mención especial do xurado), Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (Mellor filme galego), Festival Internacional de Documentais de Tui - Play Doc, Festival Internacional de Cine Documental de Buenos Aires, Festival de Cine Documental Alcances de Cádiz.