Sesión de curtametraxes sociais

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 5 de outubro

Sesión de curtametraxes sociais

Un sitio en el avión (Khadidiatou Sow, 17', 2016, VOSE)
Unha emisora de radio anuncia que un avión especial con destino a Estados Unidos ponse a disposición de calquera persoa que queira emigrar, basta con pedilo, non hai outras condicións, pero as prazas son limitadas. Moussa, que sempre soñou con marchar, decide intentalo.

Tras la valla (Antonio Grunfeld, 20', 2020, VOSE)
A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, a curta documental Tras la valla pretende reflictir a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos en busca dunha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frear a chegada de persoas migrantes a Europa.

Mishba (Anna Suriyach , Agus Morales (Revista 5W), 23', 2019, VO)
Misbah Yousaf Begum ten 22 anos, naceu en Barcelona e leva toda a vida vivindo no barrio do Raval. A súa familia son migrantes de orixe pakistaní. Ela, estudante de Ciencias Políticas na Universidad Pompeu Fabra, só estivo unha vez en Pakistán, con apenas un ano. Agora volve para coñecer as súas raíces nunha viaxe íntima narrada a través dos vídeos grabados co seu teléfono móvil. “Non é unha viaxe calquera: é Pakistán”, di.

Filmes do ciclo COMPOSTELA +SOLIDARIA.
Entrada gratuíta até completar a capacidade da sala. Retirada de convites na billeteira a partir do venres antes da sesión (máximo 2 por persoa).

  • Título orixinal: Sesión de curtametraxes sociais
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: VV.AA.