
Negro púrpura
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
Negro púrpura
- Estrea
- DCP2K
- +12
Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpurea: Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, ábrenos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante na evolución da cultura e da economía de Galicia no s. XX. Desde os campos galegos chegan historias espalladas que nos deixan un gusto amargo a pan de centeo, historias que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda unha miga delirante.
- Título orixinal: Negro púrpura
- Ano: 2021
- Duración: 81 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
- Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
- Música: Paulo Pascual
- Fotografía: Pilar Abades
- Produtora: Illa Bufarda
- Distribuidora: Begin Again Films




