![](https://numax.org/storage/cache/images/4fa/1721733486-460_85fd4c95-cartel-cast_baja.jpg)
Nieva en Benidorm
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Nieva en Benidorm
- Estrea
- DCP2K
Peter Riordan é un home solitario, maniático e metódico, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Ao chegar á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que este era propietario dun club de burlesque onde traballaba Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el. Peter e Alex intentan averiguar que foi de Daniel, axudados por unha policía obsesionada pola presencia de Sylvia Plath nos anos cincuenta en Benidorm.
- Título orixinal: Nieva en Benidorm
- Ano: 2020
- Duración: 117 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Isabel Coixet
- Guión: Isabel Coixet
- Elenco: Timothy Spall, Sarita Choudhury, Ana Torrent, Carmen Machi, Pedro Casablanc
- Montaxe: Jordi Azategui
- Dirección de arte: Uxua Castelló
- Vestiario: Suevia Sampelayo Vázquez
- Son: Jorge Adrados
- Música: Alfonso de Vilallonga
- Fotografía: Jean-Claude Larrieu
- Produtora: El Deseo, Televisión Española (TVE), Movistar+
- Distribuidora: BTeam
![](https://numax.org/storage/cache/images/bd5/1721733555-600x424_85fe0a90-nieva2-1.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/03a/1721733555-600x424_85fe0a92-nieva-en-benidorm.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/0b8/1721733555-600x424_85fe0a92-45-4a036r0bl_1.3.2_forcrop.jpg)