Non choredes, preciosas!

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +7
  • VOSG

Non choredes, preciosas!

Juli e a súa panda son fans de bandas beat e non perden un concerto. A rapaza séntese atraída polo líder dun dos grupos e acompáñao a un bolo fóra da cidade. O irmán de Juli, amigo do prometido, monta en cólera cando se decata e convence aos demais mozos para ir tras ela. Juli verase obrigada a elixir.

Fiel á súa vontade de retratar a época na que filma, Mészáros roda con verdadeiras bandas beat do momento, claramente influenciadas polos Beatles. Capta a escena musical e recolle a rebeldía dunha xeración que soña con romper as constricións sociais, en contra da tradición e o poder político. O aspecto documental é moi forte neste filme enérxico, que usa os temas musicais da súa notable banda sonora para apuntalar esta idea de constante movemento e efervescencia da mocidade. A un nivel máis persoal, volve ser a historia dunha muller que aprende a tomar as súas propias decisións.

Presenta o músico e investigador Alfonso Espiño

  • Título orixinal: Szép lányok, ne sírjatok!
  • Ano: 1970
  • Duración: 85 minutos
  • Idioma orixinal: Húngaro
  • Dirección: Márta Mészáros
  • Guión: Péter Zimre
  • Elenco: Jaroslava Schallerová, Mark Zala, Lajos Balázsovits, Péter Blaskó, Balázs Kosztolányi, Balázs Tardy, József Kovács, Ildikó Piros, Ila Schütz
  • Montaxe: Zoltán Farkas
  • Dirección de arte: Éva Martin
  • Son: György Kovács, György Pintér
  • Música: Orszáczky Miklós
  • Fotografía: János Kende
  • Produtora: MAFILM 1. Játékfilmstúdió
  • Distribuidora: Lost & Found