Nove meses

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +12
  • VOSG

Nove meses

Juli ten un traballo nunha fábrica de ladrillos, mais estuda a distancia para mellorar a súa posición. O seu xefe namora dela e comezan unha relación moi apaixonada. Ela oculta o feito de que ten un fillo froito dunha relación extramarital. Cando o seu amante, habitualmente violento e posesivo, o descubre, todo salta polos aires. Embarazada do seu segundo fillo, Juli debe decidir que facer.

O filme marca o inicio da colaboración entre Mészáros e dous dos seus actores fetiche. Lila Monori dá vida a Juli no que será o comezo dunha relación artística similar á que tiveron François Truffaut e Jean-Pierre Léaud a través da figura de Antoine Doinel. Aínda que Monori non encarnará sempre ao mesmo personaxe en filmes posteriores, o certo é que si se erixirá nunha sorte de alter ego de Mészáros en varias das súas producións. A Mészáros recomendáronlle a Jan Nowicki, quen xa traballara con Andrzej Zulawski e Jerzy Skolimowski e era moi reputado en Polonia, para o papel do amante. A conexión foi instantánea e mutua. Foron parella durante longo tempo e el acabaría traballando en case todos os seus filmes nos próximos trinta anos.

Sesión presentada pola catedrática e cineasta Margarita Ledo Andión.

  • Título orixinal: Kilenc hónap
  • Ano: 1976
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Húngaro
  • Dirección: Márta Mészáros
  • Guión: Gyula Hernádi, Ildikó Kórody, Márta Mészáros
  • Elenco: Lili Monori, Jan Nowicki, Djoko Rosic, Kati Berek, Emil Kovács, Géza Bodó, Péterné Lakatos, Hedvig Demeter, Lajos M. Szilágyi, Mária Dudás, Ferenc Somló, Tibor Fehér, Ildikó Szabó
  • Montaxe: Éva Kármentõ
  • Dirección de arte: Éva Martin
  • Vestiario: Judit Schäffer
  • Son: György Kovács
  • Música: György Kovács
  • Fotografía: János Kende
  • Produtora: Hungarofilm, Hunnia Filmstúdió
  • Distribuidora: Lost & Found
Cannes 1977 (Gañador FIPRESCI), Berlinale 1977 (Gañador Premiro OCIC - Recomendación), Festival de Locarno 1977, Toronto Film Festival 1977