O país das marabillas
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
O país das marabillas
- Foco Alice Rohrwacher
- Repertorio
- DCP2K
Fin do verán nun pobo da Umbría italiana. Gelsomina vive cos seus pais e as súas tres irmás pequenas nunha granxa destartalada na que se dedican á produción de mel. As mozas crecen afastadas de todos xa que o seu pai cre que se achega o fin do mundo e prefire o contacto coa natureza.
Non obstante, as regras estritas que manteñen unida á familia se fragilizan coa chegada de Martín, un mozo delincuente enviado por un programa de reinserción. Tamén a chegada á rexión do equipo dun concurso de televisión coñecido como “O País das marabillas” - que ofrece un premio monetario e un cruceiro de luxo á familia máis tradicional - fará que a tensión dentro da familia de Gelsomina vaia en aumento.
- Título orixinal: La meraviglie
- Ano: 2014
- Duración: 110 minutos
- Idioma orixinal: Italiano
- Dirección: Alice Rohrwacher
- Guión: Alice Rohrwacher
- Elenco: Maria Alexandra Lungu, Sam Louwyck, Alba Rohrwacher, Sabine Timoteo, Agnese Graziani, Monica Bellucci
- Montaxe: Marco Spoletini
- Vestiario: Loredana Buscemi
- Son: Christophe Giovannoni
- Música: Piero Crucitti
- Fotografía: Hélène Louvart
- Produtora: Tempesta, RAI Cinema
- Distribuidora: Karma Films