O proceso de Xoana de Arco

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

O proceso de Xoana de Arco

Guerra dos Cen Anos (1337-1453). Logo de ser capturada nunha batalla contra as tropas inglesas que invadiran Francia, Xoana de Arco, a Doncela de Orleáns, foi encarcerada e procesada por un tribunal eclesiástico que a acusou de bruxaría e a condenou a morrer na fogueira. Durante os interrogatorios, a moza afirmaba ter sufrido visións e ouvido voces que lle encomendaban a misión de salvar a Francia dos invasores ingleses.

A sesión do martes 1 de outubro ás 20:20h contará con presentación de Julio Vilariño, crítico, programador e membro do Cineclube de Compostela.

  • Título orixinal: Le procès de Jeanne d'Arc
  • Ano: 1962
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Rober Bresson
  • Guión: Robert Bresson
  • Elenco: Florence Delay, Jean-Claude Forneau, Marc Jacquier, Roger Honorat
  • Montaxe: Germaine Artus
  • Dirección de arte: Pierre Charbonnier
  • Vestiario: Lucilla Mussini
  • Son: Antoine Archimbaud
  • Música: Francis Seyrig
  • Fotografía: Léonce-Henri Burel
  • Produtora: Agnes Delahaie Productions (Francia)
  • Distribuidora: Avalon
Cannes 1962 (Premio Especial do Xurado)