O teléfono do vento

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Estrea 25 de xuño

O teléfono do vento

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Haru, de 17 anos, emprende unha longa viaxe a través de Xapón na procura de respostas nunha cidade onde, en 2011, o devastador tsunami levou ao seu irmán e pais. Esta viaxe leva á moza, aínda atormentada pola perda, desde Hiroshima a Tokio, Fukushima e Ōtsuchi, onde unha vez estivo o seu fogar. No camiño atópase con outras persoas e as historias das súas perdas.

Nobuhiro Suwa, autor de obras tan sensibles como Yuki & Nina ou O león dorme esta noite, volve a Xapón con esta road movie que reflexiona sobre as secuelas da traxedia de Fukushima. Cunha emotividade contida, Suwa centra o relato no periplo dunha moza que perdeu todo e que agora procura respostas. Un filme catártico sobre o loito colectivo.

  • Título orixinal: Kaze no denwa
  • Ano: 2020
  • Duración: 139 minutos
  • Idioma orixinal: Xaponés
  • Dirección: Nobuhiro Suwa
  • Guión: Kyôko Inukai, Nobuhiro Suwa
  • Elenco: Shoko Ikezu, Serena Motola, Toshiyuki Nishida, Hidetoshi Nishijima, Tomokazu Miura
  • Montaxe: Takashi Sato
  • Dirección de arte: China Hayashi
  • Música: Hiroko Sebu
  • Fotografía: Takahiro Haibara
  • Produtora: Jungledrum Production
  • Distribuidora: Noucinemart
Xixón 2020 (Sección oficial)