One-Eyed Jacks / O rostro impenetrabel
- Repertorio
- VOSE
-
- VOSE
One-Eyed Jacks / O rostro impenetrabel
- Cineuropa 2024
- Repertorio
Tras o atraco a un banco fronteirizo, Johnny Rio é traizoado por Dad, o seu mellor amigo e compañeiro de falcatruadas. Arrestado pola policía mexicana, bota cinco amargos anos no cárcere de Sonora, onde vive obsesionado coa idea de vingarse. Tras ser posto en liberdade, visita a Dad, que se converteu nun home respectable e é o sheriff de Monterrey. Cando Dad lle presenta a súa fillastra Louisa, Johnny queda namorado da súa beleza e sedúcea.
- Título orixinal: One-Eyed Jacks
- Ano: 1961
- Duración: 141 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Marlon Brando
- Guión: Guy Trosper e Calder Willingham. Baseado nunha obra de Charles Neider
- Elenco: Marlon Brando, Karl Malden, Katy Jurado, Ben Johnson, Pina Pellicer
- Montaxe: Archie Marshek
- Fotografía: Charles Lang
- Produtora: Frank P. Rosenberg
Concha de Ouro e premio á mellor actriz (Pina Pellicer) no Festival de San Sebastián 1961