
Ons + Intérpretes
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
-
- VO Presentación e coloquio con Melania Cruz e Alfonso Zarauza
Ons + Intérpretes
- Retrospectiva Alfonso Zarauza: 30 anos de cinema
- Estrea
- DCP2K
- +12
Despois dunha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa muller Mariña a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
A sesión completarase coa proxección da curta Intérpretes (2021, 10 min).
O pase contará con presentación e coloquio da actriz Melania Cruz e do director Alfonso Zarauza.
- Título orixinal: Ons + Intérpretes
- Ano: 2020
- Duración: 87 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alfonso Zarauza
- Guión: Jaione Camborda, Alfonso Zarauza
- Elenco: Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek, Marta Lado
- Montaxe: Fernando Alfonsín
- Dirección de arte: Elia Robles Castrillo
- Vestiario: Saturna
- Son: Sérgio Silva, David Machado, Elba Fernández, Xavi Font
- Música: Elba Fernandez, Xavier Font
- Fotografía: Alberte Branco
- Produtora: Maruxiña Film Company, Bando à Parte










