
Os malditos
- Estrea
- DCP2K
- +16
- VOSE
Os malditos
- Estrea
- DCP2K
- +16
Inverno de 1862. En plena Guerra de Secesión, o exército estadounidense envía unha compañía de soldados voluntarios aos territorios do oeste, coa misión de patrullar as inexploradas terras fronteirizas. A medida que a súa misión cambia de rumbo, o significado do seu compromiso comeza a escapárselles.
Na liña de westerns despoxados de épica como Dead Man ou Meek’s Cutoff, o reputado documentalista Roberto Minervini debuta na ficción virando a súa mirada cara ao pasado estadounidense para abordar un dos seus fitos fundacionais. O arquetipo clásico da patrulla do exército perdida desenvólvese nun terreo fantasmagórico, de tensión permanente, onde un grupo de soldados senten o axexo dun inimigo invisible, inmobilizados pola incerteza e arrasados polas dúbidas existenciais, que comparten ante unha fogueira polas noites.
- Título orixinal: The Damned
- Ano: 2024
- Duración: 88 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Roberto Minervini
- Guión: Roberto Minervini
- Elenco: Jeremiah Knupp, René W. Solomon, Cuyler Ballenger, Noah Carlson, Judah Carlson, Tim Carlson, Bill Gehring
- Montaxe: Marie-Hélène Dozo
- Vestiario: Chris Hoffert
- Son: Bernat Fortiana Chico,Ingrid Simon
- Música: Carlos Alfonso Corral
- Fotografía: Carlos Alfonso Corral
- Produtora: Okta Films, Pulpa Films, Michigan Films, VOO OBE Be tv, Shelter Prod (EEUU)
- Distribuidora: Noucinemart


