
Os nenos lobo
- Repertorio
- DCP2K
- +7
- VO
25 - 27 de xullo
Os nenos lobo
- Petís NUMAX
- Repertorio
- DCP2K
- +7
Cando era pouco máis que unha adolescente, Hana namorou dun Home Lobo. Pode parecer estraño, pero durante anos foron inmensamente felices e tiveron dous fillos: Yuki e Ame, que naceron tamén coa capacidade de converterse en lobos. Tras a súpeta morte do seu compañeiro, Hana decide mudarse ao campo para así criar os seus fillos nunha contorna tranquila, onde as súas extraordinarias facultades non fosen descubertas. Porén, ao medrar, Yuki e Ame deberán decidir se queren vivir como humanos ou como lobos.
A estrea combinará pases dobrados (VE) (venres 25 e sábado 26) e en versión orixinal subtitulada (VOSE) (domingo 27).
- Título orixinal: Ookami Kodomo no Ame to Yuki
- Ano: 2012
- Duración: 117 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Mamoru Hosoda
- Guión: Mamoru Hosoda, Satoko Okudera. Historia: Mamoru Hosoda
- Montaxe: Shigeru Nishiyama
- Dirección de arte: Hiroshi Ôno
- Vestiario: Daisuke Iga
- Son: Natsuki Fukuda
- Música: Takagi Masakatsu
- Fotografía: Ryô Horibe (Animación)
- Produtora: Studio Chizu, Madhouse, Nippon TV, Toho, VAP, Kadokawa Shoten, FBS, Dentsu Inc, D.N. Dream Partners, Digital Frontier, Shizuoka Daiichi TV (Xapón)
- Distribuidora: Selecta Visión
Sitges 2012 (Mellor Filme de Animación)


