Os paraugas de Cherburgo
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Os paraugas de Cherburgo
- Nocturama 2018
- Repertorio
- DCP2K
Geneviève é unha moza que vive coa súa nai e a axuda na tenda de paraugas que ten en Cherburgo. Está namorada de Guy, un mozo mecánico, co que pensa casar a pesar da oposición da súa nai, que considera a Geneviève demasiado nova e a Guy demasiado pobre. Para pagar unha débeda, a nai vese obrigada a vender un colar a un rico xoieiro que namora de Geneviève desde o primeiro momento. Mentres tanto, Guy terá que se ausentar dous anos para ir a Alxeria facer o servizo militar.
- Título orixinal: Les parapluies de Cherbourg
- Ano: 1964
- Duración: 88 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jacques Demy
- Guión: Jacques Demy
- Elenco: Catherine Deneuve, Anne Vernon, Nino Castelnuovo, Ellen Farner, Jean Champion, Marc Michel, Mireille Perrey
- Montaxe: Anne-Marie Cotret, Monique Teisseire
- Dirección de arte: Maurice Bourbotte, Jean Didenot, Joseph Gerhard, Claude Pignot
- Vestiario: Jacqueline Moreau
- Son: Jean-Lionel Etcheverry, François Musy
- Música: Michel Legrand
- Fotografía: Jean Rabier
- Produtora: Madeleine Films, Parc Film, Beta Film GmbH (Francia, Alemaña)
- Distribuidora: Institut Français
Cannes 1964 (Palma de Ouro, Premio técnico e Premio OCIC), Oscar 1965 (4 nominacións incluído mellor guión, banda sonora e mellor filme de fala non inglesa), Globos de Ouro 1965 (Nomeado a mellor filme de fala non inglesa)