Out of Love

  • Estrea
  • HD
  • VOSE

Out of Love

Varya coñece a Nikolia unha noite calquera no restaurante onde el traballa como cociñeiro. Ao pouco tempo comezan a saír xuntos. Pouco sabemos sobre eles cando rapidamente se ven inmersos nunha relación onde conviven o amor, a luxuria e a tenrura, pero tamén onde as emocións poden pasar dun momento ao outro cara aos celos, a necesidade de exasperarse mutuamente, a angustia e, en última instancia, o odio. Exploración no universo íntimo e intenso dunha relación extrema onde a parella protagonista vai intercambiando os roles de vítima e verdugo e sofre á vez que se recrea nese vínculo tumultuoso e intenso. Paloma Aguilera revélase aquí como observadora aguda que logra construír perfís psicolóxicos precisos e cribles. A directora, holandesa, de ascendencia chilena, xa realizara a interesante Entre nosotros coa que xa chamara positivamente a atención da crítica.

  • Título orixinal: Out of Love
  • Ano: 2016
  • Duración: 101 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés, francés, holándés
  • Dirección: Paloma Aguilera Valdebenito
  • Guión: Paloma Aguilera Valdebenito
  • Elenco: Naomi Velissariou, Danil Vorobyev, Marc Madeleyn, Régis Dorion, Koosje Bulens, Ilia Gavria
  • Montaxe: Saskia Kievits
  • Fotografía: Jasper Wolf
  • Produtora: Frans van Gestel, Arnold Heslenfeld, Laurette Schillings (Países Baixos)