Panorama audiovisual galego #1
- Estrea
Panorama audiovisual galego #1
- Cineuropa 2016
- Estrea
A la sombra de Moret
Antonio Labajo Altamirano | 2015 | 20 min.
Los Pabellones é un lugar de encontro na cidade onde conviven as tradicións máis arraigadas cos personaxes máis pintorescos e elocuentes. Unha repentina reforma pode deixalos fóra de contexto. A globalización unha vez máis rematará cobrándose as súas vítimas.
Vaguidades
Lara Bacelo | 2015 | 5 min.
A historia comeza cun súper 8 atopado por casualidade entre cartas vellas gardadas nun caixón. Mamá vestida de voda, fráxil e nova. Papá, saudando a cámara. Os actores son persoas reais de carne e óso. Algúns deles xa non están. Ou quizais todos desapareceron porque xa non son os mesmos. A historia comeza na dúbida de que é o que realmente logra sobrevivir ao tempo.
Números
Susana Rey | 2008 | 6 min.
Desde o humor e o absurdo das cifras asistimos, en clave de consumo, á vida dunha muller calquera... A desconfianza da cidadanía nas estatísticas é inversamente proporcional ao uso e abuso que delas se fai no mundo da política, do patriarcado, dos negocios e dos medios de comunicación.
Stutterer
Benjamin Cleary | 2005 | 12 min.
Un solitario tipógrafo loita por superar un importante impedimento que padece na fala. Ao mesmo tempo intenta formar unha relación romántica.
Den gula tegelvägen
Eloy Domínguez | 2015 | 15 min.
A cámara paséase polos fascinantes coches vellos abandonados no deserto do Sahara. Dous nenos pequenos falcatrueiros e enxeñosos aparecen e alteran o curso dos acontecementos. A partir de entón, Hamdi e Ali tomarán as rendas desta película.
Rust
Eloy Domínguez | 2016 | 14 min.
«Se unha árbore cae nun bosque e non hai ninguén ao redor para oílo, fai ruído?». Unha paisaxe nevada e deserta. Un lugar e un tempo descoñecidos. Un home anónimo deslízase dentro dun edificio industrial devastado. Está rodeado por ruínas e mofo, testemuñas do tempo. Avanza entre sombras e cascallos, seguindo un ritual tan preciso como críptico. Polifonía de materiais. O pasado resoa a cada paso. Ecos dunha presenza. Unha figura solitaria fluctúa nun abismo.
Excepto Patio
David Castro | 2015 | 4 min.
Unha muller recibe a chamada dunha compañeira de traballo mentres está a limpar o patio dunha comunidade.
- Título orixinal: Panorama audiovisual galego