Cineuropa 2022 - Programa 1: Panorama Audiovisual Galego

  • Estrea
  • DCP2K
  • VG

Cineuropa 2022 - Programa 1: Panorama Audiovisual Galego

A revolución (é) probable

Lee Douglas, María Ruido, Paula Barreiro | 2022 | DOC | 30 min.

Para que serve unha revolución? Unha revolución aluma outras posibilidades de vida. Velaquí a premisa da que parte esta curtametraxe, que toma como caso de estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, afonda nas súas raíces coloniais e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975.

 

Anatomía dunha serea

Adriana Páramo | 2022 | DOC | 15 min.

Tras recibir un trato desapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o Servizo Galego de Saúde, pero, desanimada fronte o complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia. A través dos ensaios e das escenas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor para lle dar visibilidade a esta realidade oculta.

 

Margarita Ledo. Parolar cun eu

Xisela Franco | 2021 | DOC | 20 min.

Unha muller que se despraza por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, asemade, unha experiencia inzada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxalmente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática.

  • Título orixinal: Cineuropa 2022 - Programa 1: Panorama Audiovisual Galego
  • Ano: 2021
  • Duración: 64 minutos
  • Idioma orixinal: Galego