Paris Is Burning

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 28 de xuño

Paris Is Burning

  • Repertorio
  • DCP2K

Paris Is Burning explora o mundo das 'Houses' do barrio neoyorquino de Harlem de finais dos 80. Unha 'House' é unha sociedade de gais e drag queens, que ten forma de banda urbana. As 'Houses' están formadas por unha 'mother' e as 'children'. A función da nai é a de presidir a sociedade e aconsellar e coidar as súas integrantes. Os 'Balls' son os bailes que organizan as 'Houses' que se converten nunha caste de club para reunirse e competir entre si. O filme reflexa o fenómeno dos 'balls' desde 1987 até 1989 cuando xa chamaran a atención dos medios de comunicación e as industrias culturais perciben beneficios do que subitamente se converte na nova moda.

O pase, celebrado o 28 de xuño, Día do Orgullo LGBT, será presentado por Pablo Calviño Tato, investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais (USC).

  • Título orixinal: Paris Is Burning
  • Ano: 1990
  • Duración: 71 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Jennie Livingston
  • Guión: Jennie Livingston
  • Montaxe: Jonathan Oppenheim
  • Dirección de arte: Anne Dutlinger, Jim Rogula
  • Son: Stacia Thompson
  • Música: Lynn Geller
  • Fotografía: Paul Gibson
  • Produtora: Miramax, Off White Productions Inc, Prestige (EEUU)
  • Distribuidora: Penteo Films
Berlinale 1991 (Teddy Award), Sundance 1991 (Gran Premio do Xurado)