Paula / Encontro con Eugenio Canevari

  • Estrea
  • VO

Paula / Encontro con Eugenio Canevari

Paula traballa nunha estancia, coidando os fillos dunha familia de produtores de soia, no interior da provincia de Bos Aires. Pouco dada á sociabilidade e máis ben reservada, a moza, de recursos económicos ínfimos, descobre que quedou embarazada dun mozo que a rexeita. Nestas condicións, Paula comprende que non ten outra opción que abortar. Pero esta vía pode facerse moi costa arriba para unha rapariga de recursos case inexistentes e sen xente á que recorrer. Como unha Mouchette actual, o filme aborda os avatares dos personaxes desde unha distancia observacional; con economía de recursos e mediante a construción dunha atmosfera naturalista, dá conta dunha brecha social inexpugnable que, lonxe de contraerse ante unha situación de necesidade, non deixa de medrar.

  • Título orixinal: Paula / Encontro con Eugenio Canevari
  • Ano: 2015
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Eugenio Canevari
  • Guión: Eugenio Canevari
  • Elenco: Denise Labbate, Estefanía Blaiotta, Pablo Bocanera
  • Montaxe: Didac Palou
  • Fotografía: Matías Castillo
  • Produtora: Mamá Húngara Cine, El Dedo en el Ojo, Bande à Part (Arxentina)