Pequenos heroes
- Estrea
- DCP2K
- TP
- VO
Pequenos heroes
- Petís NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- TP
Divertida e fermosa selección de curtametraxes cheas de sorpresas, enxeño e creatividade. Cun punto en común: os seus pequenos heroes protagonistas tentan facer fronte de forma creativa a diferentes retos vitais.
Medo a voar (Fear of flying), Conor Finnegan, Irlanda, 2012, 10’
Dougal é un pequeno paxaro que ten medo a voar. Polas noites ten un pesadelo onde é incapaz de erguer o voo e cae sempre ao chan. Pasa o día a camiñar por todos lados en vez de se enfrontar aos seus medos. Como fará para migrar cara ao sur cando chegue o inverno máis duro?
O cervo e a coelliña (Nyuszi és Öz), Péter Vácz, Hungría, 2013, 17’
Unha coelliña e un cervo de papel que comparten casa teñen un peculiar dilema: queren atopar a maneira de conseguir ter tres dimensións. O filme mestura técnicas de animación como o 2D, o 3D e o stop motion, conseguindo unha complexidade visual e emocional moi singular.
Grand Prix, Marc Riba y Anna Solanas, España, 2011, 7’15’’
Tres amigos prepáranse para botar unha carreira en bici. Xusto antes de comezar aparece unha rapza moi decidida a participar, pero dous dos rapaces non lle deixan correr. O terceiro participante, porén, namora dela e constrúelle un sidecar para levala con el durante a carreira.
O cazo de Lorenzo (La petite casserole d’Anatole), Éric Montchaud, Francia, 2014, 5’47’’
Lorenzo é un neno decidido e agarimoso que ten unha peculiaridade: arrastra un cazo cun cordel. Ten que facer o dobre de esforzo para xogar como o fan os demais! O cazo complícalle a vida e xa empeza a estar farto del. A xente mírao e os cans ládranlle. Menos mal que alguén lle ha ensinar a vivir con iso e facerlle entender que é único e excepcional.
Ser ou non ser… laranxa (Orange ô désespoir), John Banana, Francia, 2011, 3’41’’
Que pasa cando unha pequena laranxa aburrida decide saír da súa caixa para ir ao outro lado da tenda e coñecer un grupo de alegres piñas bailarinas?
O elefante e a bicicleta (Le vélo de l’éléphant), Olesya Shchukina, Francia, 2014, 9’
Un elefante vive nunha cidade entre a xente normal e traballa como basureiro. Un día ve un anuncio enorme dunha bicicleta e pensa que é do seu tamaño. A partir dese intre, a súa vida centrarase en conseguir a bicicleta a toda costa.
5,80 metros (5,80 mètres), Nicolas Deveaux, Francia, 2012, 5’30"
Que pasa nas piscinas olímpicas cando están pechadas ao público? Esta curtametraxe revela que a primeira hora da mañá empezan os adestramentos de salto de trampolín das xirafas...
- Título orixinal: Les P'tits Héros
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: VV.AA.