Phantom Boy

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSG

Phantom Boy

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Un gángster misterioso e desfigurado que se quere apoderar de Nova York mediante un virus informático vai ferir Álex, un inspector de policía que ía tras del. Inmobilizado na súa cadeira de rodas, é incapaz de deter o poderoso capo da mafia. Álex vaise facer amigo de Leo, un pequeno de once anos que ten un poder incríbel: pode saír do seu corpo coma unha pantasma, levitar e atravesar todo tipo de paredes asemade que ninguén o observa. Xuntos tratarán de deter este xefe do crime.

Phantom Boy é o novo filme de animación de Jean-Loup Felicioli e Alain Gagnol, responsábeis de Un gato en París (2010), nomeado ao Oscar 2011 a mellor filme de animación.

Filme subtitulado ao galego por NUMAX grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

  • Título orixinal: Phantom Boy
  • Ano: 2015
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Alain Gagnol, Jean Loup Felicioli
  • Guión: Alain Gagnol, Jacques-Rémy Girerd
  • Son: Sébastien Pierre
  • Música: Serge Besset
  • Fotografía: Izu Troin
  • Produtora: Folimage, France 3 Cinéma (Francia), Lunanime (Bélxica)
  • Distribuidora: Pack Màgic