Pouco a pouco

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Pouco a pouco

En Ayorou, Damouré dirixe, xunto con Lam e Illo, unha sociedad de importación e exportación chamada "Pouco a Pouco". Decide construír un edificio e marcha a París para ver como se pode vivir nunha casa de varios andares. Na cidade descobre as curiosas formas de vivir e pensar da tribo dos parisinos, que describe nunhas cartas que envía con regularidade aos seus compañeiros ata que estes, crendo que virou tolo, mandan a Lam na súa busca. En París Damouré e Lam mercan un Bugatti e coñecen a Safi, Ariane e a Philippe. O grupo decide volver a África para construír a nova casa, pero as dúas mulleres e Philippe non conseguen afacerse á nova vida e marchan...

  • Título orixinal: Petit à petit
  • Ano: 1971
  • Duración: 92 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jean Rouch
  • Guión: Jean Rouch
  • Fotografía: Jean Rouch
  • Produtora: Les Films de la Pléiade (Francia)
  • Distribuidora: Proserpa