Prefiro condenarme

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Estrea 22 de novembro

Prefiro condenarme

  • Estrea
  • DCP2K

A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desacougo e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, a causa da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova antífona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á par que o desexo. No fondo, a igualdade coas de "arriba" que ninguén critica.

  • Título orixinal: Prefiro condenarme
  • Ano: 2024
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Margarita Ledo Andión
  • Guión: Margarita Ledo Andión
  • Elenco: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo
  • Produtora: Nós, Produtora Cinematográfica
  • Distribuidora: Atalante Cinema
Sevilla 2024 (Las Nuevas Olas)