Sesión especial «Premios Darwin»
- Estrea
- DCP2K
- VO
Sesión especial «Premios Darwin»
- Estrea
- DCP2K
A compañía Tarabela Creativa presenta tres capítulos piloto para unha serie que pon en escena diferentes mortes absurdas recollidas da tradición oral galega. Galicia é terra de fondas tradicións e dúas delas conflúen en Premios Darwin: a tradición oral e a morte. Esta suxestiva combinación dá lugar a unha miniserie de tres capítulos escritos cunha rica variedade estilística, desde o cinema mudo, con comedia slapstick de comezos de século XX, pasando polo xénero policíaco dos 80 ou unha homenaxe ao cinema de desastres dos anos 70. Tres xeitos moi diferentes de abordar capítulos autoconclusivos encarnados por algúns dos actores e actrices máis queridos do audiovisual galego.
Sesión especial que contará cunha actuación previa de narración oral a cargo da impulsora do proxecto, Carmen Conde, e un coloquio posterior co director Guillermo Arias-Carbajal Alonso, o produtor Diego Gallego, a actriz María Vázquez e os actores Evaristo Calvo e Avelino Gonzalez.
- Título orixinal: Premios Darwin
- Ano: 2019
- Duración: 30 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Guillermo Arias-Carbajal Alonso
- Guión: Carmen Conde
- Elenco: Avelino González, Víctor Mosqueira, Concha Pardo, María Vázquez, César Cambeiro, Ana Santos, Evaristo Calvo
- Montaxe: Guillermo Arias-Carbajal Alonso
- Son: Ezequiel Orol
- Música: Nastasia Zürcher
- Produtora: Tarabela Creativa
- Distribuidora: Tarabela Creativa